SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Produción e Venda de Astilla
SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Traballos Agrícolas
SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Plantacións Forestais
SERVICIOS AGRARIOS RAMUDO
Recollida de Forraxe

Compra-venda de madeira para a súa elaboración en astilla e biomasa, e en xeral para calquera actividade relacionada co tratamento e transformación da madeira e os seus residuos.

Dispoñemos dunha ampla gama de maquinaria agrícola para a realización de todo tipo de traballos como rozas, preparación de fincas para sembrar ou plantar, arar, fresar, gradar, peches, etc.

Temos unha grande experiencia en plantación de eucalipto, piñeiro e todo tipo de árbores ornamentais. Dispoñemos de planta de eucalipto nitens mellora xenética con certificación e abono.

Somos especialistas en recollida de todo tipo de forraxes. Dispoñemos dunha frota de tractores e picadoras de herba e millo de última xeración, así como empregados cualificados para estes traballos.

Ver Máis

Servicios Agrarios Ramudo

Presentación


No ano 2000 empeza a nosa andaina no sector agrícola, aínda que sería no ano 2006 cando se crea a actual empresa, RAMUDO SERVICIOS AGRARIOS S.L., debido á boa acollida neste mundo laboral. Desde os nosos comezos, o noso obxectivo estivo sempre encamiñado en satisfacer as necesidades dos agricultores e gandeiros, seguindo sempre unha traxectoria ascendente e incorporando nova maquinaria e novas instalacións.

Ver Máis

Imaxes

Galería Fotográfica